HISTORIAS MÁXICAS PARA QUEDAR DURMIDO VOL.3

 

AVENTURAS SOBRE O PODER DUN MONOPATÍN:


Ao chegar a á casa das vacións de Seman Santa, un, sempre ten moitas cousas que contar. Aínda que tivera moitas vacacións, sen dúbida algunha, estas foron as mellore vacacións da miña vida! Fun a Fisterra, onde, xunto ca miña avoa, asistín ás súas procesións, as cales foron xeniais. Vin a San Xoán, a Virxe María, o Sepulcro... En fin, iso xa se trata doutra historia que contar. Pero ademáis de Fisterra tamén pasei parte destas festas en A Canosa, tamén coñecida coma Canosa, a aldea do meu pai.

Falemos  de Canosa, unha particular aldea que se atopa en Lires (CEE). Esta mágnifica aldea, a cal está rodeada por esxtensos e fértiles bosques, está "dividida en dous": Canosa de arriba e, Canosa de abaixo. A casa da miña avoa atópase en Canosa de abaixo, xunto ca casa do meus tíos avós, , e do amigo do meu pai, Lucas. Entre outras máis. Mentres en Canosa de arriba e onde se atopa a maioría de casas.

En Canosa, xunto ca miña irmá, tamén nos acompaña os nosos curmáns, Adrián e Lucas (cos que formamos a Axencia Espía Secreta); as nosas curmás, Lía e Nora (coa que a miña irmá forma a Axencia Espía Princesas); e Xian e Anxo un dos rapaces da aldea. Xuntos xogamos ao fútbol, ao brilé, andamos nas bicicletas, pero o máis emocionante de todo era xogar ao escondite. Estas vacacións foron moi curtas, pero tamén moi divertidas.

Hai uns catro anos, o meu pai regaloulle un monopatín ao meu curmán Adrián. El nunca o usa , pero nestas vacacións, máis que usalo... Gastámolo! Coma xa dixen anteriormente, en Canosa de arriba e onde se atopa toda a rapazada, pero, para a nosa sorpresa, aquel día non había ninguén...

- Isto é imposibél!- dixo Adrián.

- Qué podemos facer?- contestei eu, mentres mirabamos o monopatín.

- Estás pensando o mesmo ca min?- mirámonos os dous, afirmando a pregunta ca mirada.

Collemos o monopatín e fumos ata ás altas e perigosas costas. Ao chegar ao cume do monte, non sabiamos moi ben o que facer.

- Que che parece se nos tiramos costa abaixo e, a toda velocidade?- preguntei inseguro, sen saber se ao meu curmán lle parecía unha boa idea.

- Home, pois claro! Iso mesmo íache preguntar eu!- dixo Adrián, case gritando.

- Estaredes de broma!- era unha voz xa coñecida, a cal cando escoitabamos falar nese ton, sentíamos medo. Tratábase da nosa bisavoa, Leonor.    

- Qué facedes aquí? 

- En finnn... Non había ninguén e pois aquí estamos...- esa era a voz de Adrián a cal soaba desa estrana maneira porque lle temblaba a gorxa polo medo que levaba enriba.

- Bueno, xa llo direi aos vosos pais. Tedes fame?- Si.-dixo Adrián antes de que eu puidera dicir algo.

- Entrade. Vouvos preparar un Colacao con galletas.- dixo a miña bisavoa, cun aire aínda desconfiado. Tamén, estaba a miña tía avoa, Gloria. E o meu tío avó, Ángel. O cal ía pasear a Coco, o seu can. 

Despois de tomar esa apetitosa e deliciosa merenda, tíñamos moita ENERXÍA.

- Listo Adri?- díxenlle eu.

- Semprrr...-antes de que Adrián puidese dicir a palabra "sempre", interviu a bisavoa.

- A onde ides?- preguntou Leonor.

- Íamos á...Chist!- e mentres contestabamos escoitouse...

- Guau, guau!-era Coco, que precisaba de comida.

- Non vos movades, volvo agora.

Adri e máis eu miramos á bisavoa de reollo e, ao ver que nos perdera de vista, marchamos correndo. A bisavoa deuse de conte e, aquí comezaba a verdadeira AVENTURA, xa que comezou a perseguirnos.

- Guau, guau!- esta vez era Pipiño ou Pipo, o can dos nosos curmáns.

A bisavoa meteuse por outra carrileira, para así conseguir atraparnos. Aínda que iso parecía ser algo imposibél, xa que nós íamos no monopatín, e costa abaixo. No monopatín eu ía diante e Adri detrás. Cen metros máis adiante, íamos coller unha curva pero... Apareceu a bisavoa Leonor, pero, esta vez non ía soa, senón que ía acompañada doutra señora, as dúas correndo. Así que tíñamos dúas opcións: atoparnos, con Leonor toda enfurruñada ou coller un bache...;e BACHE! PUM! Démonos unha pinchacarneira pero... no aire.

- Estás ben?- preguntoume o meu curmán.

- Supoño.

- Agora corre!- non había posibilidad de saír de aí, estabamos acorralados pola señora máis por Leonor.

- Que facemos?- dixo Adrián.

- Guau, guau!- esta vez tratábase de Odín, outro dos seus cans.

- Axuda!- dixo a señora.

-Grazas a este acto, conseguimos saír pitando.

Miramos o reloxo e, eran ás sete da tarde e, furamos para alí as catro e media da tarde. Ao ver diante dos meus ollos coma aqueles dous cans nos sacaron dese problema, sentín por primeira vez que non eran simplemente "os cans dos meus curmáns" nese momento sentín que támen eran da miña familia, implementando así a Pipo e a Odín na Axencia Espía Secreta.

Cando chegamos abaixo, vimos que o resto de rapaces se atopaban alí. É foi unha lástima, xa que non viviran aquela marabillosa aventura que ao igual ca nós aínda non o podían crer.


FIN



R.R.S.

Comentarios

Publicacións populares