HISTORIAS MÁXICAS PARA QUEDAR DURMIDO VOL.2


O MISTERIO DAS PATACAS DESAPARECIDAS:



Era un día coma calquer outro de inverno, en A Canosa, en Lires (CEE). Os paxaros asubiaban, as follas das árbores eran arrastradas  polo vento, os veciños labraban a terra... A diferencia dos demáis días, aquel día ía quedar durmir cos meus curmáns. A tarde anterior cando chegamos xunto ca miña irmá, miña nai e o meu pai a casa da miña avoa, vimos que o meu padriño, a miña tía, e a miña avoa,  estaban reunidos no garaxe, tratando algún tema. Eu fun co meu pai a observar a situación: -Isto non pode ser. Dixo a miña avoa. -É imposíbel, onte fun a mirar as patacas, e estaban a punto de brotar, e de repente desaparecen. Dixo a miña tía. Foi aí cando o meu pai interveu na situación. -Fora o que fora temos que saber o que poudo ser: un raposo, un lobo, quen sabe. Máis tarde fun cos meus curmáns a xunto os seus cans: Pipo, un Golden Retriever de 11 anos e Odín, un Labrador de cor negra dun ano e medio Estivemos xogando cos cans toda a tarde, e cara a noitiña falei con eles sobre o caso das patacas desaparecidas. -Temos que tomar medidas sobre iso. Dixo Adrián, un dos meus curmáns. -Pero para iso necesitamos averiguar que criatura está roubando polas noites, as patacas e os vexetais, e non só os nosos tamén os dos veciños. Dixo Lucas outro curmán noso. Ao final cando chegou a hora de ir durmir acordáramos entre todos que íamos saír da casa pola noite para ir a horta.

 -RIIIIIIING, RIIIIIIING!!! Era o despertador, que soaba a alrma que puxéramos para as tres da mañan. Repasáramos o plan unha e outra vez, e xusto cando íamos saír pola porta... -A onde vos crides que vades! Era a miña irmá, María. -É unha historia moi longa e complicada de explicar, María. Sexa coma sexa, non llo digas a ninguén. Por favor. Dixen eu. -Esta ben, pero só cunha condición... Se podo ir convosco!

Despois de tanto rechistar sobre se María viña con nós ou non, aí comezaba a nosa aventura. Sen tratar de facer ruído, e de non despertar a ninguén da casa, alá fumos. Facía frío, xa que estabamos no Nadal, e iso que levabamos un chaquetón e uns gorros de la.

A medida que avanzabamos, o noso temor sobre que podía ser aquela criatura aumentaba. Ao fin, despois de cinco minutos loitando contra o vento chegamos a entrada principal da horta. Unha vez aberta a porta coa chave, comezamos a camiñar pola terra. Todo ía ben ata que derrepente... Vimos unha sombra xigantesca: Dúas cabezas, catro brazos, catro pernas...- AHHHHH! Gritamos os 4 ao compás.- Que... e …iso... Dixo Lucas. Aquela sombra monstruosa íase acercando cada vez máis preto de nós. E cando tiñamos a sombra a menos dun metro de distancia... -GUAU, GUAU! Collín a lanterna e enfoquei a sombra. Resulta que a xigantesca e monstruosa sombra non era nada máis e nada menos que Pipo e Odín, os cans dos meus curmáns. Despois de 10 segundos envorcados, partímonos de risa. Resulta que a criatura monstruosa da que tanto medo tiñamos. E que roubaba patacas e de máis, non eran nada máis e nada menos que os seus cans. Ao día seguinte contámoslle aquela máxica historia aos nosos pais, que igual ca nós, aínda non o podían crer.

                                                    

FIN

                                                           

 R.R.S.

                                                                 

Comentarios

Publicacións populares