HISTORIAS MÁXICAS PARA QUEDAR DURMIDO VOL.1



A ESCAPADA MONUMENTAL FRENTE AS VACAS:

        

Era un sábado coma outro calquera en A Canosa en Lires (CEE), no que queriamos xogar ás agachadas. Pero non sería un xogo NORMAL, sería un xogo por toda a vila. Nesta ronda participarían os seguintes rapaces: Xian, Anxo, Christian, a AEP (os meus curmáns e a miña irmá) e a AES (os meus primos e eu). Aínda que por desgraza desta vez o meu curmán Lucas tería que quedarse na casa da nosa avoa, xa que recibiría unha visita inesperada do seu amigo Hugo.

Acababamos de xogar ao fútbol na casa da miña curmá Lía, e estabamos un pouco cansos, pero iso non impediu que o pasáramos ben, así que por alí fomos. Para que o xogo fose o máis xusto posible, demos un número do 1 ao 7 e pedímoslle ao meu móbil que nos dese un deses números. Diría o número 1, é dicir, o meu curmán Adrián tería que contar.

Intentei ser o máis discreto posible, pero o pillabán do meu curmán notaría os meus movementos. Aínda que iso non sería un problema xa que, despois dunha gran e intrépida persecución, sairía como gañador e salvaríame dunha vez por todas. Por outra parte, lamentoume un pouco deixar o meu curmán buscando por aquelas extensas e fértiles terras, polo que fun con él. Pasaron uns 20 minutos, e a estraña razón pola que nos levaba tanto tempo era porque camiñabamos ata o alto da montaña, un lugar onde só nós tiñamos a posibilidade de ir, e dende alí pódese ver toda a vila.

Camiñar naquel momento, entre aquelas árbores robustas, entre aquelas espesas pingas de orballo, daba un toque LEXENDARIO ao asunto, pero, ata este punto todo parecía ir ben, ata que de súpeto a sombra ao lonxe dunha vaca enorme comezou a asustar ao meu curmán, que quedara abraiado. Pero non porque lle tivera medo ou algo así, senón que un xabarín  foi correndo ata o meu curmán, e estaba moi canso. 


Non tivemos máis remedio, acurralados naquel extenso bosque, e coa furia daquela vaca simplemente teríamos que escalar un muro de 3 metros polo que unha pequena pinga de auga podería rematar coa nosa caída. Pero coa presión que levabamos encima, non teríamos máis remedio que lembrar quen somos. A AXENCIA ESPÍA SECRETA, un xogo estúpido que creamos hai catro anos pero que se converteu nunha especie de LEI DA VIDA. E así conseguimos saír daquel terríbel bosque e dun dos nosos moitos problemas, e aínda que non gañasemos esa ronda, vivimos unha experiencia marabillosa, que quedará no corazón da AES.


FIN

R.R.S.

     

 



Comentarios

  1. Publicaré una historia todos los fines de semana sobre las nuevas novedades que vayan apareciendo.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares